Manifestación o 26 de xuño en Pontevedra, desde as escaleiras do H. Provincial ata o Concello. Hora as 8 da tarde.

Faise necesaria a Unidade dos traballadores e traballadoras desde a base para enfrentar os novos recortes, privatizacions e a precarizacion. Se algo demostrou a Pandemia do COVID-19 é que o Sistema Sociosanitario Galego (Sanidade e Residencias de maiores) estaba xa baixo minimos para freala; as situacions dramaticas de desborde e colapso, a falta de medios persoais e materiais para facerlle fronte convertiron a frase, “Os recortes matan”, nunha traxica realidade.

Mais de 11 de anos de aplicación do control de Gasto deixou os cadros de persoal ao minimo ealtamente precarizado, a aplicación do artigo 135 da Constitucion priorizando o pagamento da debeda a os bancos por riba dos Gastos en material e persoal.

A consecuencia de todo isto é que a separacion da prestacion e a financiacion e as “NOVAS FORMAS DE XESTION” posibilitadas polo artigo 90 da lei Xeral de Sanidade e a Lei 15/97 convertironse nas normas cotiás das privatizacions dos servizos, a derivacion cara a sanidade privada e a construccion de novos Hospitais “semiprivados” ( (Alvaro Cunqueiro,
futuro Gran Montecelo e o Novo de A Coruña) ( coas ganacias para as empresas e as perdas garantidas polo Estado cos impostos de todas e todos).

Non é que o Sector Sociosanitario gozara de boa saúde antes da Pandemia; o certo é que a sua saúde xa estaba mais que resentida e tocada, as listaxes de agarda ou as mortes por falta de medios eran a sua maxima expresion. Poucos dias antes da declaracion do Estado de Alarma, viñamos dunha grande movilización en Compostela que culminaba a resposta do
Pobo de Verín a o Peche do paridoiro e a ameaza contra o proprio Hospital.

Antes sucedereranse folgas en Hospitais (Monforte), mobilizacioóns na Mariña Lucense contra os recortes do Hospital de Burela, en centros de Saúde (Zas,etc). A resposta ás politicas de recortes ven de lonxe, desde o mismisimo ano 1996, desde que a Xunta do PP comezara coas suas politicas de destruccion do Sector Sociosanitario Publico, coa privatización masiva
das Residencias de Miores e de Servizos do Sergas.

Nestas a Pandemia foi un tsunami que puxo branco sobre negro todas as debilidades inducidas por esas politicas. Frente a isto, e desde o primeiro momento, pois o estado de Alarma non era un estado de Excepción que suprimiraos dereitos das traballadoras e traballadores, O SINDICATO
COMISIONS DE BASE, impulsou a maxima UNIDADE PARA DENUNCIAR, MOBILIZAR E EXIXIR MEDIOS HUMANOS E MATERIAIS COS QUE ENFRENTAR A PANDEMIA Fixeron-se CONCENTRACIÖNS nas Portas dos Hospitais e mais recentemente o dia 30 de MAIO unha exitosa MANIFESTACION de mais de 550 persoas, co obxectivo de DENUNCIAR A SITUACION E REIVINDICAR SOLUCIÑONS. Neste camiño, Xunto con outras organizacións como PROSAGAP etc TEMOS CONVOCADA UNHA MANIFESTACIÓN PARA O DIA 26 DE XUÑO AS 8 DA TARDE QUE SAIRA DESDE AS ESCALEIRAS DO HOSPITAL PROVINCIAL ATA O CONCELLO.

Estas mobilizacións que contaron desde o primeiro momento co rexeitamento das forzas sindicais da Mesa Sectorial de Sanidade (CIG, CCOO, UGT, CSIF, e SATSE), QUE CONSIDERABAN QUE “non era o momento”; mais,…cando é o momento para loitar en defensa de medios para garantir a Saúde da poboación e a dos traballadores e traballadoras ? CANDO CHEGAN AS ELECCIONS? Porque agora achamos que estan convocadas “a posteriori” concentracións para o dia 25 por S.O.S Sanidade, (CIG, CCOO, UGT, PSOE, PODEMOS, BNG e….) Sin contar para nada coa Xunta de Personal do Distrito de Pontevedra, para o dia 25, curioso…XUSTO O DIA ANTERIOR DA XA CONVOCADA 10 DIAS ANTES POLOS SINDICATOS COMISIONS DE BASE, PROSAGAP e CESM a que tense adherido a CNT, PARA O DIA 26 VENRES ÁS 8 DA TARDE. De nada serviron as chamadas que se lles fixeron a UNIDADE e a tratar de chegar a un CONSENSO.

Desde CO.BAS non podemos mais que nos alegrar de que estas organizacions, que ata o de agora estiveron paradas e mudas e facendo propagandas esteriles, tomen o camiño da mobilizacion e da loita; mais non podemos, por outra parte mais que desconfiar da motivavion real da concocatoria, porque produse a poucos das eleccións e entre os convocantes estan foras politicas e sindicais que defenden a lexislación que posibilitou esta situacion e que non levan nos seus progaramas a sua derrogación ( a Lei 15/97 aprobada por acordo PP-PSOE, o artigo 135 da Constitucion Igualmente, e tamen o Artigo 90 da Lei xeral de Sanidade.) o mesmo tempo tamen forma parte de esa convocatoria os sindicatos que ata o de agora levan rexeitado as convocatorias de seis CONCENTRACIONS e unha manifestacion,

¿ É POSIBEL FIARSE DE QUEN CON ESTE PASADO INMEDIATO CONVOCAN UNHA CONCENTRACIÓN O DIA ANTERIOR A OUTRA DOS TRABALLADORES SANITARIOS DO DISTRITO, XA CONVOCADACON 20 DIAS DE ANTELACION ?

Solo é posibel entendelo desde a visión de que OS OBXECTIVOS SON BEN DISTINTOS E O QUE SE ESTA A PRETENDER E O BOICOT DA MANIFESTACION CONVOCADA PARA O VENRES 26 AS 8 DA TARDE POLOS TRABALLADORES e tratar de convertila nunha manifestación electoralista e de lavado de cara dos que perante mais de 5 meses estiveron “mudiños” e “agazapadiños”.

A Xunta de Galicia do PP e Feijoo xa anunciou que o CAMIÑO DOS RECORTES e a PRIVATIZACIÖN, é dicer, de cadros de personal baixo minimos, de falta de medios, de derivacións a sanidade privada vaise manter. Mentras recorta ten a caradura de “EXIXIR” que se lle pague os Hospitais privados indemnización polas perdas sufridas nestes meses da Pandemia.

A “FOLLA DE RUTA” non a van a mover nin un pelo pois é a que ven ordead desde a Union Europea, que xa esta pedindo, a cambio dos 140.000 millóns de axudas ao Estado Español “REFORMAS ESTRUCTURAIS”. Se antes da Pandemia era un feito que os cadros de personal non eran suficientes para respostar ás necesidades sociais, nin tan siquer incorporando os traballadores e traballadoras da privada, cunha ameaza mais que real de novos rebrotes da COVID-19,é criminal a politica da Xunta de despedir, recortare privatizar servizos. Frente a iso desde CO.BAS, consideramos que so desde a MAXIMA UNIDADE na loita contra esa “FOLLA DE RUTA” que aplicara o novo Goberno da Xunta (e o Central) como fixeron xa en VERIN; unha UNIDADE que ten DOUS ASPECTOS:

Un, poñer no centro a EXIXENCIA da DERROGACION DO MARCO LEGAL que tróuxonos a esta situacion, a Lei 15/97, o artigo 90 da Lei Xeral de sanidade e o Artigo 135 da Constitución, ademais das medidas de control de gasto e RENACIONALIZANDO os servizos privatizados ou en trance de privatización (Limpeza, mantemento, cociñas, etc.)

Dous, ACABAR COA PRECARIEDADE NO TRABALLO e pola estabilidade no emprego e contratacion ate cubrir todas as necesidades sanitarias da poboación non chega cos traballadores a e traballadores actuais dos centros, sexan fixos ou interinos, como o demostra a existencia de listaxes de agarda antes da Pandemia, porque:

GOBERNE QUEN GOBERNE A SANIDADE DEFENDESE
Frente a todo isto, desde CO.BAS consideramos coa MÁXIMA UNIDADE NA LOITA poderemos DERROTAR esta “ FOLLA DE RUTA” que aplicará o novo Goberno da Xunta (ou Central) como fixeron xa en Verin

SINDICATO COMISIONS DE BASE-GALIZA (Co.bas)

Comunicado de COBAS 26 XUÑO en PDF