Contra a estabilidade orzamentaria e o control do gasto: ¡UNIDADE NA LOITA!

Contra la estabilidad presupuestaria y el control del gasto: UNIDAD EN LA LUCHA

As traballadoras e os traballadores de Xustiza de Galiza levan case dous meses de folga pola suba dos seus salarios, que sexa equiparados cos que cobran os traballadores e traballadoras da Xustiza doutras zonas do Estado. E a Xunta leva estes dous meses mareando a perdiz, mesmo cando se reducen as esixencias de aumento de salarios.

O único motivo que pode explicar a resistencia da Xunta diante dumha folga indefinida é o illamento no que esta estase a producir. 

Non entendemos que mentres outros sectores da administración, como a Sanidade, as precarias, etc., están loitando contra a mesma Xunta que privatiza, rebaixa salarios e desmantela servizos públicos, os sindicatos convocantes non chamaron a accións unidas de todos os traballadores e traballadoras da Administración.

Os motivos que levan á Xunta a afirmar que non pode subir os salarios na Xustiza, ou a privatizar a sanidade, ou a non recoñecer direitos nas precarias da administración, son os mesmos: a estabilidade orzamentaria e o control do gasto publico; numha política que é común a toda a Unión Europea

Todas as institucións do estado, desde a Xunta ate os Concellos ou a Administración Central, teñan a cor que teñan, escúdanse nas leis dos gobernos do PPSOECs para non ceder nin un milímetro nesa “estabilidade” e nese “control”… nos eidos sociais, porque para pagar a débeda publica e resgatar bancos, empresas e autoestradas sempre ha diñeiro.

Por elo, faise mais inexplicable que non se teñan convocado mobilizacións e accións unitarias de toda a administración, estando como están, en loita permanente; so superando a división duns doutros, seguindo a vella máxima solidaria da clase traballadora, “unidade fai a forza” se poderá rachar cos corses da “estabilidade orzamentaria” e o “control do gasto publico”.

Agora, por exemplo, vense un verdadeiro ERE encuberto na administración coa suposta creación de 250 000 prazas, que non é outra cousa que a substitución de traballadores / as con antigüidade por novos traballadores / as, mentres as miles de prazas perdidas na crise son destruídas; porqué non se convocan accións de unidade entre os traballadores / as de toda a administración contra este Acordo, subscrito con CCOO e UXT.

Non; as cúpulas sindicais van negociar sección por sección, administración por administración, … se dar umha perspectiva de conxunto ao que é un problema común: os gobernos do PP, co apoio do PSOE e Cs, so queren rematar o que comezaron fai anos, o desmantelamento dos servizos públicos, e a conversión da Administración en xeral, e da Xustiza no concreto, nunha xestión asistencial.

A lóxica de dividir por administracións, ministerios ou consellerías é o que permite á Xunta manterse nos seus “trece”, e esperar o inevitable desgaste e cansancio dos traballadores e traballadoras da Xustiza, ate que sexan derrotados e volten o traballo coas orellas baixas.

  • Por un Plan de Mobilizacións Único na Administración contra a “estabilidade orzamentaria e o control do gasto público”
  • Pola de derrogación da lexislación, como a Lei Montoro, que regula este control
  • Nun plan debatido e acordado en asembleas de centros de traballo

Acude á manifestación convocada polos traballadores e traballadoras de Xustiza,                                                                 o vindeiro sábado 7, ás 12 na Alameda de Compostela

cobasgaliza@gmail.com