Comunicado de folga 18 de xuño en todo o sector público estatal

Os sindicatos Co.Bas, Solidaridade Obreira, SAS e a Confederación Intersindical convocaron o 18 de xuño unha xornada de Folga Xeral de todo o sector público estatal.

A folga ten que ser a resposta ao despropósito de reforma do novo Estatuto Básico do Empregado Público que pretende iniciar o ministro Iceta neste mes de xuño. Con esa reforma non se vai dar solución á temporalidade abusiva de máis de 800.000 traballadoras/es temporais da Administración, nin solucionará a precariedade nin a temporalidade futura.

Convocar masivamente unhas OPES ilegais non soluciona o problema do acceso á función pública de quenes xa están dentro. O que se pretende é estabilizar prazas e non ás persoas que as ocupan, condenándoas ao desemprego e á exclusión social.

Con esta reforma aséntanse as bases do desmantelamento duns Servizos Públicos moi deteriorados tras anos de destrucción do emprego público e de privatizacións. Os Nosos Servizos Públicos non se poden permitir a perda da experiencia e profesionalidade dun terzo do cadro de persoal da Administración. O oco que deixen será substituído por xestión privada mediante traballadoras/es temporais e máis precarias/os que os actuais.
Non permitamos que a miseria de moitas/os se traduza en beneficios económicos duns poucas/os.

Por iso, dende o sindicato CoBas, convocamos a todo o persoal da Administración a secundar a xornada de Folga do 18 de xuño para reclamar:

#FixexaXa

#StopOpesllegais

Non á reforma do EBEP
¡¡¡¡¡OS SERVIZOS PÚBLICOS NON SE VENDEN, DEFÉNDENSE!!!!!