AS PROPOSTAS DE USDG, DEZ PUNTOS PARA REFLEXIONAR
- Estabilidade do persoal temporal. Consolidación polo sistema de concurso de méritos (61.6 EBEP).
- Reforma do sistema de acceso á función pública.
- Recuperación dos dereitos perdidos durante a crise (ratios, soldo, xornada laboral, substitucións inmediatas…).
- Resolución definitiva do CADP o 31 de agosto para todos os corpos.
- Facilitar a mobilidade do persoal funcionario para ocupar prazas temporais (“concursillo”).
- Redución opcional da xornada lectiva para maiores de 55 anos sen perda retributiva.
- Implantación da sesión de 50’ para todo o ensino non universitario.
- Actualización do cadro de enfermidades profesionais (afonías, burnout, problemas articulares e músculo-esqueléticos, alerxias…).
- Recoñecemento da carreira profesional de todo o persoal.
- Xestión democrática dos centros.
A USDG é un sindicato de nova creación e independente que xorde da acción colectiva, inspirados pola solidariedade como elo de unión e principio reitor da nosa acción sindical.
Nace de forma espontánea nunha asemblea convocada a través de redes sociais e dispositivos móbiles. Nesa asemblea acordouse, por maioría, a creación dun sindicato para ter voz perante a Administración e frear os abusos que están a sufrir as nosas compañeiras e compañeiros temporais presentes e futuros.
Pretendemos sinalar e denunciar as contradicións do sistema educativo con accións destinadas a crear un panorama profesional igualitario coma paso imprescindible para afiuzar a calidade do ensino.
Descarga aquí en pdf: USDG falando claro As propostas de USDG, dez puntos para reflexionar